O FanCine de Lemos chega a Vilachá

O FanCine de Lemos chega a Vilachá

06 Xullo 2022/concello/Cultura

A Pobra do Brollón, e concretamente o conxunto de adegas de Vilachá, será escenario por primeira vez do FanCine de Lemos, festival de cine fantástico da Terra de Lemos.

Este venres 8 de xullo acollemos unha tarde-noite arredor de videoxogos e cine fantástico, onde non van faltar o viño e a troula (como non!).

Ademais de proxectar unha sesión de curtas da sección oficial do FanCine de Lemos, poderemos ver a longametraxe Malencolía, coa presenza do director Alfonso Zarauza e a actriz Ledicia Sola.

Proxectaremos ademais de xeito continuo episodios da serie documental Adegas da Memoria.

E como esta VIII edición do FanCine de Lemos está dedicado á relación entre cine e videoxogos, contaremos con Iago Gordillo (Recuncho Gamer Podcast) que vai realizar nunha das adegas un programa especial sobre este tema.

Horarios no cartel que incluímos abaixo.

Consulta o programa completo do FanCine de Lemos na súa web: https://www.fancinedelemos.com/programa22



RELACIONADO