Mellora da rede municipal de abastecemento de auga potable

Mellora da rede municipal de abastecemento de auga potable

25 Xaneiro 2022/concello/Xeral

Mellora da rede de abastecemento municipal de auga potable nos depósitos de O Castro, Domiz, Piñeiros e San Pedro, financiados con fondos propios municipais e coa subvención de Augas de Galicia mediante fondos FEDER da Unión Europea. 

Os orzamentos foron destinados  á execución das obras, que consistiron na implantación nos citados depósitos dun sistema (cos seus correspondentes equipos) de telemetría e monitoraxe asociada, así como a instalación fotovoltaica nos depósitos (Piñeiros e O Castro) que non dispoñían de conexión eléctrica. 

A actuación permitiu de este xeito a  xestión e control en tempo real  do almacenamento e suministro de auga, favorecendo á súa vez as labores de mantemento e conservación,  cunha mellora notable do aproveitamento e tratamento da auga da rede municipal  e un  importante aforro en desprazamentos do persoal , ámbalas dúas premisas que supoñen á súa vez unha importante mellora medioambiental.

O resultado da actuación executada é de todo satisfactorio, acadándose coa mesma os obxectivos expostos inicialmente, destacando a porcentaxe da subvención outorgada para o financiamento da mesma a través do organismo Augas de Galicia mediante fondos FEDER da Unión Europea. 

Importe total actuación: 39.546,33 €

Importe subvención (Augas de Galicia) Fondos Feder 80,00% : 31.637,06 €

Importe fondos propios municipais 20,00%: 7.909,27 €

 



RELACIONADO