Por votación popular, as gañadoras do XII Concurso de Tapas da Guimaralia foron as propostas da Cantina de Julia en Salcedo (1º premio), O Fogón en Cereixa (2º premio) e A Salanova, tamén en Salcedo (3º premio).
Parabéns aos establecementos gañadores e mais ao resto de participantes por deleitarnos coas súas creacións culinarias!
Axiña anunciaremos data para o sorteo do premio entre as 196 persoas que participaron no concurso co seu voto.