Verán na Guimaralia. Axenda cultural

Verán na Guimaralia. Axenda cultural

15 Xullo 2021/concello/Cultura

Este verán na Pobra do Brollón vén cargado de citas culturais diversas e de balde. Divulgación científica, presentacións de libros, teatro, e moita, moita música. 

Detallamos o programa cultural para o resto de xullo e agosto:

  • Fin de semana do 17 e 18 de xullo. II Xornadas de Divulgación Científica. A Pobra, Cereixa e Vilachá.
  • Xoves 22 de xullo. 20:30. Presentación de LoboCasa da Cultura
    • Presentación de Lobo, novela policial ambientada na Pobra do Brollón, coa súa autora Pilar Macía. 
  • Venres 23 de xullo. 20:30. Concerto de Xabier Vizcaíno. Terraza do bar Avenida
  • Domingo 25 de xullo. Concerto de Xograres de Lemos. Área recreativa Samugueiros.
    • Actividade do programa ‘Musiqueando’ da Deputación de Lugo.
  • Sábado 31 de xullo. 20:30. Concerto dos Cantareiros de Cantigas e Frores. Terraza do bar A Vella Taberna.
  • Domingo 8 de agosto. 13:00. Concerto de Teresa Ferreiro. Terraza do restaurante 1º de Maio. 
  • Martes 10 de agosto. Todo o día. Romaría de San Lourenzo. Cereixa.
    • Actividade organizada pola AV ‘María Castaña’ de Cereixa. 
  • Xoves 12 de agosto. 20:30. Presentación do libro Hasta que llegué al silencioRestaurante 1º de Maio. 
    • Coa súa autora Mayte Rodríguez.
  • Venres 13 de agosto. 20:30. Concerto de Os Desviaos. Kioskito (Área recreativa de Samugueiros)
  • Venres 20 de agosto. 19:00. Duncan de Palleiro. Área recreativa de Samugueiros. 
    • Espectáculo familiar de Lila Teatro, do programa Aparte Ciclos Culturais da Deputación de Lugo.
  • Domingo 29 de agosto. 20:30. Concerto de Ale. Salcedo

As actividades son todas de balde, previa reserva. Consulta os números de teléfono para reservar no cartel. 



RELACIONADO