Datos do Covid-19 no noso municipio

Datos do Covid-19 no noso municipio

05 Febreiro 2021/concello/Xeral

Segundo a información que nos chega do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, no municipio da Pobra do Brollón temos actualmente un total de 14 casos positivos por Covid-19. 

Tódalas persoas están en illamento e os seus contactos están en corentena. 

Seguiremos informando a medida que teñamos máis datos relevantes.

Insistimos na importancia de seguir as medidas sanitarias en vigor para evitar novos contaxios. Consúltaas ao completo neste enlace.

  • Lembra que non está permitido xuntarse con persoas coas que non convivas (agás nas actividades xustificadas - por traballo, para coidar a unha persoa dependente...).
  • No caso de entrar en contacto con persoas non convivintes, mantén a distancia, usa a máscara e desinfecta as mans frecuentemente. Procura ventilar espazos pechados adecuadamente.
  • Está prohibido saír do municipio, agás para o imprescindible (ir ao traballo, a un centro sanitario ou educativo).


RELACIONADO