Información sobre a campaña de vacinación antigripal 2020

Información sobre a campaña de vacinación antigripal 2020

27 Outubro 2020/concello/Xeral

A campaña de vacinación antigripal do Sergas xa comezou e estará en marcha ata o 31 de decembro.

Este ano debido á situación epidemiolóxica a campaña é especialmente importante. O Sergas ampliou os grupos de poboación nos que é particularmente recomendable a vacina (detallamos abaixo).

Para pedir a vacina, as persoas deben chamar ao seu Centro de Saúde (A Pobra do Brollón: 982 430 351) ou na páxina web de solicitude de citas do Sergas, no apartado de enfermería. 

Poboación diana da vacina antigripal:

Son persoas con risco de complicacións e persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas de risco, así como outras algúns outros grupos. 

• Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as persoas de 65 ou máis anos.

• Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos).

• Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación e puérperas nos primeiros 6 meses tras o parto se non foron vacinadas anteriormente.

• Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.

• Nenos de entre 6 meses e dous anos de idade que naceran prematuros (<32 semanas de xestación).

• Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con patoloxías de risco (consulta a lista aquí: https://gripe.sergas.es/Contidos/Quen-debe-vacinarse)

• Profesionais ou estudantes en prácticas de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.

• Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos.

• Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de risco ou a persoas maiores.

• Conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.

• Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade.

• Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres.



RELACIONADO