Tendo conta a época estival na que nos atopamos e en aplicación do disposto na Ordenanza Fiscal nº 2.07ª reguladora da taxa polo subministro de auga, ESTÁ PROHIBIDO: UTILIZAR A AUGA DOS ABASTECEMENTOS MUNICIPAIS PARA REGAR HORTAS, XARDÍNS, ENCHER PISCINAS E SIMILARES, debendo usar a auga exclusivamente para o consumo domiciliario.
Toda infracción será sancionada segundo o disposto no artigo 3º da Ordenanza municipal.
A auga é un ben escaso e por tanto todos e todas debemos consumilo responsablemente. Con todo, este bando aplícase ás parroquias da Pobra do Brollón que teñen abastecemento de auga municipal, que son todas excepto Ferreiros, A Ferreirúa, Parada dos Montes, Salcedo e Vilachá.
.