O Programa Galego de Detección Precoz de Cáncer de Mama chega á Pobra do Brollón

O Programa Galego de Detección Precoz de Cáncer de Mama chega á Pobra do Brollón

03 Xullo 2020/concello/Xeral

Dende hoxe as mulleres do Concello da Pobra do Brollón de entre 50 e 69 anos comezarán a ser citadas para que participen no Programa Galego de Detección Precoz de Cáncer de Mama.

Serán citadas por carta as mulleres que teñan tarxeta sanitaria do SERGAS. Pero aquelas mulleres que non teñan cobertura sanitaria (que non teña tarxeta) ou que teñan un seguro privado tamén poden solicitar participar no programa chamando ao 981 14 14 14. 

As mamografías faranse no Hospital de Monforte. A mamografía é a proba máis eficaz para detectar un posible cancro de mama de pequeno tamaño, o que permite reducir a mortalidade da enfermidade e aplicar un tratamento menos agresivo. Trátase dunha proba sinxela, rápida e case sempre indolora. 

Neste enlace, podes ler e descargar un folleto informativo sobre o programa.  

 



RELACIONADO