A situación do confinamento polo coronavirus ten impacto nas nosas vidas porque supón un cambio drástico de rutinas, unha incerteza e unha modificación das pautas relacionais que tiñamos ata hai pouco tempo.
Queremos facilitar aos veciños e veciñas os recursos elaborados polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) – tanto para a poboación xeral como para grupos concretos como nenos ou persoas maiores – para axudar a levar esta nova situación do mellor xeito posible.
Tamén informamos de que a Xunta de Galicia puxo en marcha un dispositivo de atención psicolóxica a través do teléfono 112. Xa está accesible para calquera persoa que o precise as 24 horas do día, 7 días á semana. O servizo é prestado por profesionais do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Queremos aproveitar ademais para recordar que o Ministerio de Igualdade dispón de dous números de teléfono para ofrecer apoio psicolóxico inmediato por Whatsapp para as persoas que estean sufrindo violencia de xénero. Os teléfonos son 682 916 136 e 682 508 507.
Compartimos aquí unha lista de recursos gratuítos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que podes descargar:
Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico no confinamento por coronavirus
Un documento elaborado para o SERGAS coa colaboración do COPG para a poboación xeral.
10 consellos psicolóxicos para coidarnos na emerxencia sanitaria polo coronavirus
Un decálogo elaborado polo COPG en colaboración co Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña en vista das dificultades das persoas en diferentes circunstancias para enfrontar esta nova situación.
Información e recursos útiles para persoas maiores e coidadoras/es sometidas a confinamento por mor da pandemia por COVID-19
O COPG elaborou este documento con información de contacto para chamar en caso de necesitar axuda, consellos sobre como comunicar e consumir información sobre a pandemia, acceso a algunhas actividades de ocio, de estimulación da memoria e doutras funcións cognitivas gratuítas, e algunha rutina de exercicio físico.
Axenda para adolescentes confinad@s
Unha infografía con pautas destinadas a mozos e mozas para que poidan levar o confinamento mellor.
‘Retrincos de cores’ para cativ@s
Unha ferramenta para que @s pequen@s da casa se expresen dende o debuxo, a través da conversa coas súas propias familias e coidadores/as. Está especialmente orientada a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.
Descarga ‘Retrincos de cores’ aquí