Debido á situación sanitaria actual estamos todos e todas chamados a limitar a nosa vida fóra da casa, co obxectivo de frear a curva de contaxio do coronavirus.
Para que estes días sexan máis doados de levar, o técnico de cultura do Concello Xosé Gago propón unha serie de recursos gratuítos e dispoñibles na rede cos que entretenernos.
Para ver
- A webserie Adegas da Memoria, gravada na parroquia guímara de Vilachá de Salvadur.
- Series galegas da TVG en aberto, dende as míticas 'Mareas Vivas' ou 'Pratos Combinados', ata as más recentes.
- A serie 'Néboa', na que traballa Nuncy Valcárcel de Salcedo, tamén está dispoñible online na páxina de RTVE.
Para ler
- 'O bosque de cromosomas', unha colección de artigos publicados na revista Luzes pola poeta e escritora de Vilarmao, Olga Novo. Recomendamos todos eles, pero quizais especialmente o artigo 'Amada sombra guímara'.
- Colección de libros clásicos da literatura galega, en aberto en Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia.
- Biblioteca Virtual de Literatura Universal en galego, da Asociación de tradutores galegos
- Libros da editorial Axóuxere con descarga en PDF gratuíta
- Máis de 2000 títulos dispoñibles en portugués na web Domínio Público
Tamén están a xurdir unha serie de iniciativas ad hoc para pasar a corentena. Por exemplo: Músicas de Sofá en Facebook ou Instagram (entrada inversa), e a iniciativa #pandemiadecontos na conta de YouTube do colectivo NOGA (Narración Oral Galega).
Esperamos que estas propostas vos axuden nestes días de sofá e manta! Tamén queremos as vosas ideas. Colabora contactando connosco a través das nosas redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram).