Tras varios anos de parón por mor da crise sanitaria, temos o pracer de comunicarlle que volveremos reunirnos na XIII Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón, que terá lugar o vindeiro domingo 30 de abril de 2023 no Pavillón municipal.
Con esta xuntanza propoñemos pasar un día de lecer e convivencia en compañía dos nosos veciños e veciñas guímaros. Será unha xornada completa na que celebraremos un xantar popular, amenizado con sorteos e música da Escola Samoeiro. Detalles do menú, programa e transporte.
A xuntanza está aberta a todo o mundo de calquera idade que queira participar. Os veciños maiores de 60 anos e os seus respectivos cónxuxes ou parellas (aínda que non superen dita idade) terán un prezo reducido de 15€. Para gozar deste prezo subvencionado, deben estar empadroados no Concello.
Os nenos e nenas de ata 14 anos empadroados no Concello terán tamén un prezo reducido de 10€. Para os menores de 14 anos que non estean empadroados, o prezo será de 15€.
Para o resto de veciños e veciñas que desexen acudir (incluso aqueles que estean sen empadroar), o prezo será de 25€.
A inscrición deberá realizarse de xeito presencial na Biblioteca Municipal na Casa da Cultura “Olga Novo” de luns a venres en horario de 10:30 a 13:30 horas.
O prazo para apuntarse remata o 26 de abril de 2023. Para ter o menú subvencionado, será imprescindible presentar a carta que recibirá no seu domicilio. Para máis información pode contactar coa Biblioteca no teléfono 982 430 546.
MENÚ:
TRANSPORTE:
Para facilitar a asistencia á Xuntanza, haberá servizo de transporte gratuíto por todo o Concello. As persoas que precisen transporte, deben solicitalo na Biblioteca no momento da inscrición.