Volve o servizo 'Coidados Porta a Porta' do 22 ao 24 de febreiro

Volve o servizo 'Coidados Porta a Porta' do 22 ao 24 de febreiro

12 Xaneiro 2023/concello/Xeral

‘Coidados porta a porta’ é un programa da Consellería de Política Social para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos.

Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade.

O bus estará na área recreativa Samugueiros os días 22, 23 e 24 de febreiro, en horario de 9:00 a 20:00h. 

Quen desexe usar o servizo, debe solicitar cita previa no teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Detalles sobre cada servizo:

  • Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
  • Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
  • Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

Descarga o tríptico con máis información sobre 'Coidados porta a porta'



RELACIONADO