A situación do Covid-19 no noso municipio

A situación do Covid-19 no noso municipio

21 Xaneiro 2021/concello/Xeral

Segundo os últimos datos recibidos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón o martes 19 de xaneiro, hai un novo caso positivo por Covid-19 no noso municipio.

Temos por tanto dous casos activos, segundo datos do Centro de Saúde municipal. Ambas persoas están illadas e os seus contactos directos están en corentena. Tódalas PCR realizadas ata o momento deron un resultado negativo. 

Seguiremos informando a medida que teñamos datos relevantes.

Lembrade extremar as precaucións para evitar novos contaxios:

  • Respecta o toque de queda de 22:00 a 06:00.
  • Os grupos de non conviventes non poden superar 4 persoas. En todo caso, recoméndase limitar a vida social todo o posible.
  • Nas interaccións con persoas non conviventes, debes desinfectar as mans frecuentemente, usar a máscara correctamente e manter a distancia interpersoal de mínimo 1,5 metros.


RELACIONADO