Plan provincial único de cooperación cos concellos 2020 (Deputación de Lugo)

Plan provincial único de cooperación cos concellos 2020 (Deputación de Lugo)

05 Febreiro 2021/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón participou no Plan único de cooperación cos concellos para o ano 2020, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo. 

A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan é de 284.043,90 euros, dos cales o Concello decidiu dedicar a investimentos 142.021,95 euros, e o resto aos programas de SAF, fomento de emprego, promoción turística local, administración electrónica e protección de datos e gastos correntes derivados da COVID-19.

Tanto no programa de investimentos como no resto de programas se inclúen actuacións que afectan a todas as parroquias do municipio, co obxectivo de mellorar as condicións de vida e os servizos de toda a veciñanza.



RELACIONADO