Ofrécense a partir de febreiro manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares

Ofrécense a partir de febreiro manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares

27 Xaneiro 2025/concello/Xeral

A partir do mércores 5 de febreiro, ofreceranse na Pobra do Brollón talleres de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares.

Os talleres serán todos os mércores de febreiro a abril de 17:00 a 19:00 horas, na Casa da Cultura 'Olga Novo'.

Para participar hai que inscribirse no teléfono 651043792 ou no correo electrónico lugo@contraelcancer.es.

É unha actividade organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Lugo, coa colabroación do Concello da Pobra do Brollón.

Informamos de que no horario dos talleres, a Biblioteca municipal permanecerá pechada.



RELACIONADO