A oficina móbil do programa Acelera Peme estará na Pobra o 6 de maio

A oficina móbil do programa Acelera Peme estará na Pobra o 6 de maio

02 Maio 2024/concello/Xeral

O luns 6 de maio contaremos coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo. Estará instalada na Avenida de Galicia, 55 (A Pobra do Brollón) a partir das 10:30 horas.

Se es autónomo ou autónoma, ou propietario/a dunha Peme e precisas impulsar a dixitalización do teu negocio, achégate á Oficina Móbil Acelera Peme. Alí, contarás co asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precises para unha consulta individualizada.

Algúns dos servizos gratuítos do programa Acelera Peme son os seguintes:

  • Servizo de acompañamento dixital individual e personalizado.
  • Análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa.
  • Apoio na implantación de novas solucións dixitais ao negocio.
  • Consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade...).
  • Apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.



RELACIONADO