O xoves 23 de febreiro terá lugar na Pobra do Brollón un obradoiro de primeiros auxilios organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do Sergas.
O obradoiro está dirixido a pacientes e familiares, coidadores e cidadanía en xeral. Os obxectivos son adquirir coñecementos básicos sobre primeiros auxilios.
Desenvolverase de 17:00 a 21:00 no Salón de Actos da Casa da Cultura 'Olga Novo', A Pobra do Brollón.
Preme aquí para acceder a máis información e o formulario de inscrición.