O Punto Limpo Móbil volve circular polas parroquias a partir do 2 de xullo

O Punto Limpo Móbil volve circular polas parroquias a partir do 2 de xullo

25 Xuño 2024/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón, no seu propósito de respecto polo medio ambiente a partir dunha mellor xestión dos residuos xerados nos fogares, pon a disposición de toda a veciñanza un Punto Limpo Móbil que comezará o seu percorrido polas parroquias o 2 de xullo.

No Punto Limpo Móbil pódense depositar determinados refugallos para a súa posterior reciclaxe, tales como: pilas, medicamentos e os seus envases, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, aceite usado de cociña, envases baleiros de pinturas, tóners e cartuchos de impresoras.

A primeira parroquia do percorrido será Parada dos Montes, onde o Punto Limpo Móbil estará o martes 2 e mércores 3 de xullo. Despois visitará todas as parroquias do Concello seguindo un percorrido lóxico para a súa operatividade efectiva. Situarase nos puntos previamente sinalizados e permanecerá durante ao menos dous días en cada parroquia.

As vindeiras paradas do mes de xullo serán:

  • Parada dos Montes. 2-3 xullo
  • Salcedo. 4-7 xullo
  • Lamaigrexa. 8-9 xullo
  • Castroncelos. 10-11 xullo
  • Barxa de Lor. 12-14 xullo
  • A Estación. 15-16 xullo

Dende o concello queremos pedir a colaboración da cidadanía facendo un uso correcto do Punto Limpo Móbil e coidando que se manteña en boas condicións para que toda a comunidade do Concello da Pobra do Brollón poida facer uso del.



RELACIONADO