‘Coidados porta a porta’ é un programa que pon en marcha a Xunta de Galicia para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos.
Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade.
O bus estará na área recreativa Samugueiros o xoves 29 e venres 30 de setembro, e luns 3 de outubro, en horario de 9:00 a 20:00h. Ademais, o luns 3 ás 11:00 haberá unha charla sobre envellecemento activo na Casa da Cultura 'Olga Novo'.
Quen desexe usar o servizo, debe solicitar cita previa no teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Detalles sobre cada servizo: