O Concello dispón de máscaras para persoas con maior exposición

O Concello dispón de máscaras para persoas con maior exposición

22 Abril 2020/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón dispón de máscaras para as persoas que formen parte de grupos con maior risco de contaxio, ben sexa por traballo ou por outro motivo. 

Ofrécense de xeito gratuíto para persoal sanitario e persoas que traballen cara ao público, como tendeiros, taxistas, transportistas, profesionais que ofrezan servizos a domicilio, etc. Tamén poranse a disposición de persoas que teñan que asistir a consultas médicas. Valoraranse outros casos de risco en caso de necesidade.

Quen estea nalgún destes grupos e precise unha máscara, debe contactar por teléfono (por chamada ou WhatsApp) no número 650 624 828.

As máscaras que se ofrecen son desbotables, aínda que se pode prolongar o seu uso mediante a esterilización no microondas ou no forno.

Lembramos que o mellor xeito de protexerse e de loitar fronte ao coronavirus é seguindo as indicacións de confinamento recomendadas polo Goberno e atender ás medidas de distanciamento social e de hixiene recomendadas. 

Para que as persoas máis vulnerables, por idade ou por enfermidade, non teñan que saír da casa, ofrécese un servizo de entrega a domicilio de alimentos e medicinas, dispoñible tamén no teléfono 650 624 828.

Nesta imaxe, o Ministerio de Sanidade dá unhas indicacións sobre como hai que usar as máscaras:



RELACIONADO