Horario de atención ao público para consultas relacionadas coa xestión de biomasa

Horario de atención ao público para consultas relacionadas coa xestión de biomasa

09 Xaneiro 2025/concello/Xeral

Debido á alta incidencia de consultas relacionadas coa xestión de biomasa en parcelas, para poder garantir unha correcta atención ao público, dende o Concello da Pobra do Brollón informamos de que a partir do luns 13 de xaneiro, o horario de atención para este tipo de consultas será exclusivamente de 9:00 a 11:00 horas.

Poden consultar información de interese para propietarios e propietarias relacionada coa obriga da xestión de biomasa neste enlace.

Grazas pola comprensión.



RELACIONADO