En marcha un novo servizo para incentivar os alugueres

En marcha un novo servizo para incentivar os alugueres

12 Xuño 2026/concello/Xeral

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura da Pobra do Brollón o novo Servizo gratuíto para incentivar os alugueres que dende as oficinas de Servizos Sociais se pon en marcha para atraer e fixar poboación no noso concello.

Este servizo vén motivado polo incremento na demanda de alugueres así como polo descoñecemento observado sobre dereitos e obrigas, que se pode traducir en inquedanzas á hora de arrendar.

Dentro do Servizo contémplase:

  • A creación dun rexistro de propietarios/as e inquilinos/os.
  • Información sobre dereitos e obrigas, así como sobre axudas e subvencións.
  • Facilitar o entendemento entre ambas partes.

Se es un/unha propietario/a e tes interese en arrendar a túa vivenda, ou ben un/unha potencial inquilino/a, podes contactar coas oficinas de Servizos Sociais no teléfono 982 430 447 ou presencialmente na Casa da Cultura 'Olga Novo', 1ª planta (de 9:00 a 13:30 horas).



RELACIONADO