Ofrecemos na Pobra do Brollón cinco visitas guiadas diferentes na tempada de verán 2022: Penas do Castelo, Cova das Choias, Os Conventos, Adegas de Vilachá e Castro de San Lourenzo
As visitas ofrécense dende o 3 de agosto ao 15 de setembro baixo demanda de mércores a domingo ás 11:00.
Grupo mínimo 5 persoas. Para a visita a Cova das Choias, hai un máximo de 10 persoas por visita e unicamente 2 visitas á semana.
Reserva obrigatoria para tódalas visitas:
Un intrigante xacemento pendurado sobre o río Lor na paisaxe protexida do Courel.
A través das súas impresionantes vistas coñeceremos a paisaxe, historia e tradicións da parroquia de Salcedo, famosa polo Entroido do Oso, pero que agocha moitas máis sorpresas.
Info práctica
Unha cova na que habita musgo luminiscente, colonias de morcegos e seres mitolóxicos.
A cova presenta moitos valores sobre os que priman os criterios de conservación dun santuario natural.
Trátase dunha visita moi limitada tanto no número de xente como nas veces nas que se pode acceder no ano coa intención de alterar o menos posible o equilibrio natural.
Info práctica
Achégate a un lugar fascinante entre os viñedos da Ribeira Sacra, onde poderás coñecer a orixe desta paisaxe.
Nos Conventos, ribeira do Val do Frade, realizáronse dúas campañas de escavación e as primeiras datacións científicas das terrazas da Ribeira Sacra. Estes resultados permiten coñecer a orixe e evolución desta paisaxe vitícola.
Info práctica
Un conxunto único de adegas tradicionais de orixe medieval.
Ademais de coñecer o espazo, poderás entrar nalgunha adega, coñecer aos veciños e catar algún dos viños das ribeiras de Vilachá, incluídas na D.O. Ribeira Sacra.
Info práctica
Un castro que conta cunha antiga igrexa e un cemiterio medieval.
Coñece a historia do lugar e da parroquia de Cereixa a través dun proxecto de arqueoloxía en comunidade no que os veciños do pasado e do presente son os verdadeiros protagonistas.
Info práctica