Para este 8M atípico no que saír á rúa está máis complicado, achegámonos nós ao Centro de Día da Pobra do Brollón para conversar coas usuarias e usuarios sobre as reivindicacións do Día da Muller Traballadora a partir das súas experiencias de vida e reflexións.
O reparto das tarefas da casa e os roles de xénero, a educación e coidado dxs fillxs, a remuneración do traballo... son algúns dos temas que tratamos nunha serie de conversas que iremos publicando ao longo desta Semana da Muller.
Comezamos con Ana González Rodríguez. Animámosvos a ver os vídeos e tamén a compartir en comentarios as vosas propias experiencias e reflexións. Seguro que ás usuarias do Centro de Día lles interese escoitalas!
Podedes enviar as vosas mensaxes en comentarios no vídeo de YouTube, nas nosas redes sociais ou por WhatsApp no teléfono 650 624 828. Nós farémolas chegar ao Centro de Día.