Dende o pasado 01 de xaneiro de 2024 todas as granxas avícolas, incluídas as de autoconsumo, deben estar inscritas no Rexistro Xeral de explotación gandeiras, debendo comunicar os datos necesarios para a súa inscrición no Rexistro autonómico.
Esta obrigatoriedade afecta a calquera persoa que queira ter galiñas, polos, pavos, patos, perdices pombas... Afecta aos galiñeiros cun máximo de 30 galiñas poñedoras ou 50 polos de engorde, sempre que non se comercialicen ovos, carne ou outros produtos.
Para facilitar estes trámites, o Concello da Pobra do Brollón ponse a disposición de tódolos veciños e veciñas para levar a cabo o rexistro da Xunta dos galiñeiros de autoconsumo.
Dende o día 01 de abril ata o 31 de maio de 9:00 a 13:00 horas estará no Concello unha persoa que lle realizará os trámites necesarios para a inscrición dos galiñeiros de autoconsumo na Xunta de Galicia.
Para poder realizar estes trámites os interesados deberán de pedir cita previa no Concello (982430001) e deberán presentar o DNI no momento de realizar o trámite.