Dende o Concello da Pobra do Brollón informamos que está aberto o prazo para consultar o censo electoral vixente para as eleccións ao Parlamento de Galicia, que se celebran o vindeiro día 18 de febreiro de 2024.
O prazo permite tamén a presentación de reclamacións, no caso de que os datos do censo sexan erróneos.
O período de consulta e reclamación comprende dende o 2 ao 8 de xaneiro, de 8:00 a 14:00 h, de xeito presencial nas oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón.
É preciso presentar o documento de identidade (DNI, pasaporte ou permiso de conducir con fotografía do titular).
Para máis información poden contactar coas oficinas municipais no teléfono 982 430 001.