I ciclo de Vilacharlas, Mollando a palabra

I ciclo de Vilacharlas, Mollando a palabra

01 Maio 2019/concello/Xeral

As Vilacharlas enmárcanse no proxecto Adegas da Memoria, iniciativa do Concello da Pobra do Brollón e a Asociación de Veciños de Vilachá, coa participación do Incipit-CSIC. 

As Vilacharlas serán unha serie de 5 charlas nas que 5 arqueólogos compartirán as súas experiencias. Comezarase o día 6 de maio, o arqueólogo, Juan Pablo López, falará de Terra Levis, un proxecto de arqueoloxía en comunidade na Serra de Ávila. A cita será ás 20.00 h. no Bar Avenida.

O mércores 8 ás 19.00 h. na adega Val do Frade en Vilachá, David González Álvarez abordará o proxecto arqueolóxico de alta montaña que coordina en Babia, León. O xoves 9, tamén ás 19.00h, na adega do Luis, Josu Santamarina afondará na arqueoloxía da guerra civil no País Vasco. 

Rodrigo Paulos falará da arqueoloxía da guerra civil no “cinturón rojo” de Madrid. A cita será o día 14, ás 19.00 h na adega Lamela. O ciclo rematará o xoves 16 na adega do Couso coa testemuña que Manuel Antonio Franco ‘Muros’  dará a partires das 20.00 h., sobre a súa participación nun proxecto arqueolóxico en Somalilandia. 

O ciclo de Vilacharlas desenvolverase en paralelo á escavación no lugar dos Conventos, na que se busca un primitivo mosteiro no Val de Frade, Vilachá. Os traballos arqueolóxicos estarán abertos ao público e serán protagonistas da segunda tempada da serie-documental ‘Adegas da Memoria’. 



RELACIONADO