O día 10 de abril celebramos o II Festival do Brindo

 O día 10 de abril celebramos o II Festival do Brindo

08 Abril 2019/concello/Cultura

Dentro das iniciativas que desenvolve a Concellaría de Cultura do Concello da Pobra do Brollón para recuperar a nosa tradición oral, destaca o Festival do Brindo. Este ano a cita chega á súa II edición. Terá lugar na Casa da Cultura “Olga Novo”, o mércores, 10 de abril ás 19.00h.

Participarán desta Regueifesta: Olga Novo, Séchu Sende, Enxebres, o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, o IES María Solinho de Cangas e os nenos e nenas do Colexio da Pobra do Brollón.

A entrada é libre e de balde. Non faltes!!



RELACIONADO