O vindeiro sábado, 23 de marzo, ás 17.00 celebrarase na Casa da Cultura “Olga Novo”, unha Xornada Técnica sobre a Vespa Velutina.
Antonio Valea, apicultor e experto en combater a plaga na Mariña, abordará temas como a identificación e diferenciación doutras especies, coñecemento do seu ciclo anual, identificación e métodos para destruír os niños, ou a construción e localización de trampas.
A actividade é de balde e está aberta a todos os interesados.