O Concello da Pobra do Brollón organiza unha cea para mulleres o 8 de marzo, co obxectivo de celebrar o Día Internacional da Muller. A cita será no restaurante O Fogón a partir das 21.00 horas. Para participar, as interesadas deberán de inscribirse na biblioteca municipal antes do día 6 de marzo
O menú da cita será de entrantes, troitas, churrasco, postre, café e chupitos; por un prezo de 16,50 euros. As asistentes recibirán un agasallo por xentileza do Concello.