A saída será ás 10.00 da mañá das adegas de Vilachá. Farase un percorrido liñal de 8 km. A andaina ten unha dificultade media e é un tramo do PR 157 Doade-Augasmestas, que remataremos en Parada de Lor. Camiñaremos entre os viñedos de Vilachá e coñeceremos máis sobre a viticultura e a historia deta zona do municipio bañada polo Sil. Rematarase ás 12.30 cun taquete e uns viños. A actividade ten un prezo de 5 euros, sendo necesario inscribirse no 666 435 832.
Participa e vaite preparando para a seguinte proposta porque ao seguinte domingo celebramos una nova cita coas andainas outonizas, será a última proposta deste ano. E os sábados xa sabes que temos en marcha as visitas outonizas.