A nova web do Concello

A nova web do Concello

20 Decembro 2017/concello/Xeral

 

O novo portal web da Pobra do Brollón nace coa intención de ser unha porta aberta ao municipio. @s veciñ@s poderán acceder desde aquí á sede electrónica para realizar online os trámites coa administración municipal. Poden coñecer máis información de áreas como cultura, servizos sociais ou deporte e medioambiente.

O turismo xoga un papel fundamental nesta nova web. Conscientes de que internet nos posibilita achegar o noso concello a todo o mundo queremos mimar desde aquí os nosos recursos e presentarlles a visitantes e veciñ@s todas as potencialidades dun municipio cunha grande riqueza paisaxística, patrimonial, etnográfica, cultural e humana.

O portal está en castelán e en galego, o apartado de turismo está tamén en inglés. A imaxe ten moito peso na páxina web, nesa idea de transmitir a personalidade da Pobra do Brollón.

Esta nova web tamén nos ten que servir a tod@s para estar informad@s da actualidade municipal por eso a través do espacio “Noticias” agardamos ofrecer información de interese sobre actividades, obras, proxectos, turismo,….

Este portal web é, sobre todo, un espazo vivo no que queremos que tod@s fagades as vosas aportacións no ánimo de mellorar a súa operatividade.



RELACIONADO