Abertas as inscricións nas Tardes de Ludoteca

Abertas as inscricións nas Tardes de Ludoteca

14 Setembro 2026/concello/Xeral
En outubro comezan as Tardes de Ludoteca, unha iniciativa da oficina de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón para facilitar ás familias a conciliación laboal e familiar nas horas posteriores á saída do colexio.
 
As Tardes de Ludoteca terán lugar nas aulas da Escola de Música municipal, en horario de 15:45 a 17:15. 
 
Os luns, mércores e xoves, ofrécense tardes de lecer educativo para a cativada de 3 a 12 anos. Os martes, haberá apoio socio-educativo. A inscrición na actividade de apoio será valorada polo equipo de Servizos Sociais en colaboración co colexio, en función das necesidades dos nenos e nenas.
 
Para máis información e inscricións, é preciso contactar coas oficinas de Servizos Sociais, situadas na Casa da Cultura 'Olga Novo', 1º andar. O teléfono de contacto é 982430447 ou 609004451, e o enderezo de correo electrónico, educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal
 
Estas actividades están cofinanciadas pola Xunta e polo Ministerio de Igualdade (Goberno de España), no marco do Plan Corresponsables.
 


RELACIONADO