O novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello da Pobra do Brollón do Distrito VIII-Terra de Lemos atenderá aos cidadáns e cidadás todos os mércores de 11:00 a 13:00h na Casa do Concello.
O equipo, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención ao público sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión forestal e os montes, co obxectivo de achegar a administración autonómica á cidadanía.
Entre os servizos ofertados, inclúense:
Calquera veciño ou veciña do concello pode usar o servizo, e non hai que solicitar cita previa.
Tamén se ofrece atención telefónica nos seguintes números: 609 284 915 (Felipe), 609 968 769 (Javier) e 982 889 122 (oficina central do Distrito VIII-Terra de Lemos).