O Concello da Pobra do Brollón proporcionará, de balde, composteiros e asesoramento para que a veciñanza que dispón dun pequeno terreo, poida autoxestionar os residuos orgánicos que se producen no fogar.
Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel económico como a nivel ambiental. A compostaxe reduce a pegada de carbono, e pon en valor un residuo, obtendo como resultado de forma sinxela un excelente abono.
Para beneficiarse da iniciativa simplemente hai que anotarse no Concello (de forma presencial ou a través da web no enlace https://pobradobrollon.rsu.gal/ ). Unha vez completado o rexistro, organizarase unha xornada formativa na que se fará a entrega de todo o material necesario. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.
Para máis información poden chamar ao 647521464 ou ben enviar un correo a residuos@concellodapobradobrollon.gal.
Esta iniciativa conta coa financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.