Investigan os factores detrás da lonxevidade das persoas maiores da Pobra do Brollón

Investigan os factores detrás da lonxevidade das persoas maiores da Pobra do Brollón

04 Outubro 2022/concello/Xeral

Investigadores da Fundación Matrix, ligada á Universidade de Vigo, está a desenvolver estes días na Pobra do Brollón un estudo do Programa MAYORSIG. O obxectivo é identificar os factores determinantes dunha maior lonxevidade poboacional e calidade de vida das persoas maiores.

Entre os días 3 e 7 de outubro, realizarase traballo de campo a través de enquisas anónimas a persoas maiores de 80 anos seleccionadas aleatoriamente. As enquisas abordan diferentes aspectos relacionados coa alimentación, a saúde física e emocional, así como o benestar social.

A enquisa será nos domicilios das persoas seleccionadas e será lida por especialistas en enquisas sociais. A persoa participante pode facer a enquisa acompañada en todo momento por algunha persoa da súa confianza, se así o desexa.

Os resultados incorporaranse ao conxunto de investigación do Programa MAYORSIG, co fin último de contribuír á planificación de medidas innovadoras de promoción da saúde das persoas maiores en Galicia e outros territorios.

O programa está subvencionado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España coa colaboración da Universidade de Vigo.



RELACIONADO