A exposición 'Inmarcesibles', instalada no salón de actos da Casa da Cultura 'Olga Novo', pódese visitar ata este venres 9, en horario de 9 a 14:00.
Inicialmente programada ata o día 2, ampliouse o horario para permitir que máis xente poida gozar da exposición.
A través de fotografías realizadas por María Fernández, invítase a reflexionar sobre o canon de beleza establecido e a 'exclusión invisible' dos físicos que non encaixan en dito canon.
'Inmarcesibles' é unha exposición itinerante, impulsada dende Servizos Sociais do Concello de Sober con financiamento do Ministerio de Igualdade.