A iniciativa 'El Camino Creativo – Xacobeo 21.22 Emprende' organiza para este mércores 13 unha noite de lendas, poesía e música no conxunto de adegas medievais de Vilachá de Salvadur.
A partir das 22:30 e baixo a lúa chea haberá poesía a cargo de Iago López Enríquez, música cos gaiteiros Javier Franco e Nadia Vázquez, e escenografía a cargo de Teatres de la Llum. O evento finalizará con queimada.
O acceso é libre e gratuíto.