O proxecto Minerais contra o cancro investiga o uso de minerais nos tratamentos de quimio e radioterapia para mellorar a calidade de vida e o prognóstico dos pacientes. O Concello da Pobra do Brollón colabora coa Universidade de Santiago de Compostela para apoiar esta importante labor.
Para a primeira fase de estudo precisan mostras de sangue da poboación sa de Lugo para analizar o seu perfil mineral. A convocatoria está aberta a persoas entre 18 e 80 anos e que non estean a tratamento oncolóxico.
As persoas que queiran colaborar doando sangue poden facelo todos os días no HULA, ou os días 3 e 5 de maio no hospital de Monforte (de 8:00 a 10:30) e no Centro de saúde de Chantada (de 11:00 a 13:00).
O formulario de colaboración pódese acceder neste enlace: https://bit.ly/38q9iCw
Tamén se pode contactar por whatsapp no teléfono 690 971 248.