O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes.
As próximas paradas para o mes de outubro son:
- Santalla de Rei: do 4 ao 6 de outubro
- Ferreirúa: do 7 ao 10 de outubro
- Ferreiros: do 11 ao 13 de outubro
- Saa: do 14 ao 17 de outubro
- Castrosante: do 18 ao 20 de outubro
- A Pobra do Brollón: do 21 ao 24 de outubro
Os refugallos que se poden depositar no Punto Limpo Móbil son os seguintes:
- Pilas
- Medicamentos e os seus envases
- Lámpadas e tubos fluorescentes
- Aceite de cociña usado
- Envases baleiros de pinturas e/ou vernices
- Tóners e cartuchos de impresora
- Aerosois
Pregamos que se procure manter o Punto Limpo Móbil en boas condicións para que toda a comunidade do concello poida facer uso del.