Co novo curso escolar, retómase o programa municipal de conciliación laboral e familiar. Comezará a partir do luns 13 de setembro.
E un servizo totalmente gratuíto; pretende así facilitar ás familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral.
Este programa permite que os nenos e nenas estean acompañados de profesionais especializados realizando tarefas lúdicas e educativas no horario previo á apertura do CEIP da Pobra do Brollón.
Ofrécese de luns a venres, de 8:00 a 9:30 aprox., aínda que os horarios serán flexibles segundo as necesidades das familias. O servizo implántase de xeito continuo durante todo o curso escolar ou nos momentos puntuais que poidan precisar.
As familias interesadas neste programa ou en recibir información, poden facelo a través do teléfono 982430447, nas oficinas técnicas de servizos sociais (na Casa da Cultura Olga Novo, 1ºandar), ou no correo electrónico: educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.
Cumpriranse todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias.