ACTUALIZACIÓN LUNS 12 DE ABRIL
Segundo os datos recibidos hoxe luns 12 do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, dende o venres houbo varias altas mais tamén 2 novos positivos, polo que actualmente hai 7 casos activos de Covid-19 no noso municipio.
A día de hoxe venres 9 de abril, segundo os datos recibidos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, hai activos 9 casos de Covid-19 no noso municipio.
Dende o Centro de Saúde tamén informan de que nos próximos días seguramente se produzan altas, polo que se non hai contaxios novos, previsiblemente a cifra de contaxios baixe.
O concello da Pobra do Brollón está no nivel de restrición alta.
Entre outras medidas:
- Os residentes no noso Concello pódense mover por todos os concellos de Galicia excepto ao Grove e A Pobra do Caramiñal.
- Xuntanzas de carácter familiar e social: Limítanse os grupos de persoas non-conviventes a un máximo de catro persoas en espazos pechados, ou de seis persoas en espazos ao aire libre.
- Hostalería:
- Non está permitido o consumo no interior.
- Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 50% das mesas permitidas.
- A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
- Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
- Horario do peche ao público: 21:00 horas. Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas. Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.
Consulta a lista completa de medidas na páxina web do Sergas.