Resumimos as medidas sanitarias que están en vigor en toda Galicia dende hoxe mércores 17 de febreiro ata o día 3 de marzo, segundo anunciou a Xunta de Galicia:
- Peche perimetral de Galicia
- Interaccións sociais limitadas a conviventes, agás nas actividades xustificadas, así como:
- persoas soas poden incorporarse a outra unidade de convivencia
- menores cos seus proxenitores
- parellas con domicilios diferentes
- asistencia a persoas dependentes
- Mobilidade reducida ao propio concello, agás por causas xustificadas (ir ao traballo, a un centro sanitario ou a un centro docente, trámites inaprazables, retorno ao fogar, adquisición de bens esenciais, coidado de hortas e animais...)
- O toque de queda mantense de 22:00 a 06:00 h
- A maioría da hostalería mantense pechada, agás recollida, servizo a domicilio e comedores laborais
- Deporte restrinxido a individual ou con conviventes ao aire libre, no propio concello e con máscara. Permítese a práctica deportiva federada.
- Bibliotecas, museos, arquivos, cines, teatros, auditorios... abertos ao 30% da capacidade
- Educación: O luns 22 de febreiro retómase a actividade lectiva presencial en escolas oficiais de idiomas, escolas de música e danza, centros autorizados de deportes, centros autorizados de artes plásticas, escolas privadas de música e danza...
- As universidades retoman as clases presencias o 1 de marzo
- Comercio: todo comercio esencial e non esencial pode estar aberto ata as 21:30 h
- Os centros comerciais seguen pechados en sábados, domingos e festivos
Con motivo destas novas restricións, informamos das seguintes medidas concretas na Pobra do Brollón:
- A Escola municipal de Música Samoeiro retomará as clases presenciais a partir do 22 de febreiro.
- A Biblioteca municipal reabre ao público ao 30% da capacidade.
Consulta as medidas no DOG neste enlace.