Están publicadas as bases de selección de persoal para o obradoiro dual de emprego "Brollón-O Incio-Bóveda", promovido polo Concello de O Incio en convenio con A Pobra do Brollón e Bóveda.
A especialidade formativa a impartir é AGAR0309 “Actividades auxiliares de conservación e mellora de montes” dedicadas á conservación e mellora de sendas no Concello da Pobra do Brollón.
A duración do obradoiro será de 9 meses a xornada completa.
O obradoiro dual de emprego estará formado por 20 alumnos-traballadores, dos cales 7 corresponderán a actuacións a desenrolar no ámbito territorial do Concello do Incio, 7 a actuacións a desenrolar no ámbito territorial do Concello de A Pobra do Brollón e 6 no ámbito territorial do Concello de Bóveda; de acordo co convenio de colaboración asinado polas tres institucións.
As bases de selección dos alumnos-traballadores, dos monitores e administrativos e do director/a do obradoiro están publicadas na Sede Electrónica.
Para máis información, as persoas interesadas poden acudir ás oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón en horario de 8 a 14:30 horas, ou no teléfono 982 430 00.
Procedemos a resumir as bases para a selección dos alumnos-traballadores.
Requisitos dos/as aspirantes
Será motivo de exclusión ter cursada a especialidade formativa que se programa neste obradoiro.
Terán preferencia aquelas persoas interesadas que non participasen en obradoiros de emprego nos últimos cinco anos anteriores ao presente, situándose ao final da lista por orde de puntuación obtida, aqueles que non cumpran este requisito.
Tamén terán preferencia as persoas que solicitaran este servizo a través da súa demanda de emprego, e dentro destas, aquelas que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción laboral.
Sistema de selección
O sistema de selección será o concurso, previa tramitación de oferta de emprego ante o Servizo de Emprego Público de Galicia.
Valoración dos méritos e acreditación (a presentar o día do proceso selectivo)
Terán preferencia para participar nestes proxectos as persoas que, tendo prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como
Os candidatos presentarán a xustificación dos méritos alegados do seguinte xeito:
1. Muller - DNI
1.1 Muller víctima de violencia de xénero - Documento expedido por Admon Publica autonómica ou local correspondente
2. Idade - DNI
3. Discapacidade - Certificado de discapacidade
4. Protección de desemprego - Documento acreditativo da oficina de emprego ou da Seguridade Social segundo sea o caso
5. Tempo de desemprego dende o ultimo traballo - Certificado da oficina de emprego
6. Categoría profesional (no traballo anterior segundo vida laboral actualizada).
7. Pertenza a colectivos desfavorecidos ou risco de exclusión social - Certificado dos Servizos Sociais do Concello ou organismo competente.
8. Formación académica (Declaración responsable).
9. Responsabilidades familiares/unidade familiar de convivencia (Libro de familia, certificado de inscrición como parella de feito, certificado de convivencia ou certificado de familia monoparental).
10. Itinerario profesional (Certificado da oficina de emprego de ter planificado no seu itinerario profesional de inserción a súa participación neste programa).
Lugar e data da entrevista
Lugar: Casa consistorial Concello de O Incio
Data: 09/decembro/2020
Alumnos: 10: 00 horas
Data: 10/decembro/2020
Director: 10:00 horas.
Monitores: 11 horas.
Administrativo: 12:30 horas.
A documentación presentarase o día da selección de persoal, e previamente terán que estar inscritos na Oficina de emprego de Monforte de Lemos (alumnos), e resto de persoal na Oficina de emprego de Sarria.