Ante o aumento de contaxios de Covid-19 en Galicia, a Xunta anunciou novas medidas de prevención que lembramos xa están en marcha.
As medidas publicadas no DOG establecen unhas normas:
- Prohibido fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre se non se pode garantir a distancia de seguridade interpersoal (2 metros)
- Pechan discotecas e outros locais de lecer nocturno.
- Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán pechar máis tarde da 01:00 h, e non poden aceptar novos clientes a partir da medianoite.
- O consumo en locais pode ser na barra ou sentado en mesas, cun máximo de 10 persoas por mesa.
Tamén establece unhas recomendacións:
- Restrinxir os encontros sociais fóra do grupo de convivencia estable.
- Limitar os encontros sociais a un máximo de 10 persoas.
Consulta o texto completo no DOG neste enlace.