Entramos na fase 2 da desescalada

Entramos na fase 2 da desescalada

25 Maio 2020/concello/Xeral

Dende hoxe luns, Galicia entra na fase 2 da transición cara á ‘nova normalidade’. Aplícase durante ao menos dúas semanas unha serie de cambios con respecto á fase 1, e que resumimos a continuación:

  • Permítense reunións sociais de ata 15 persoas. Isto aplícase tamén a deportes e paseos, sempre respectando as distancias e medidas de seguridade.
  • Bares e restaurantes poden servir no interior, limitando o seu aforo a un 40% da capacidade. O consumo debe ser sentado nas mesas, que teñen que estar a 2 metros de distancia. Na Pobra do Brollón actualmente están abertos o Primeiro de Maio e A Vella Taberna; O Fogón en Cereixa e A Salanova en Salcedo.
  • Abren todos os comercios e establecementos de servizos, incluído os que teñan más de 400 metros cadrados, limitando o seu aforo a un 40% da capacidade. Se o establecemento está nun centro comercial, debe ter unha entrada directa dende o exterior, e ter menos de 400 metros cadrados. 
  • Pódense celebrar actividades culturais de menos de 50 persoas en lugares pechados e menos de 400 ao aire libre. O público debe estar sentado e manter a distancia interpersoal de 2 metros. Publicaremos nas nosas redes sociais calquera actividade que se organice dende o Concello.
  • Volven abrir as bibliotecas ao público, con limitacións de aforo e uso. A biblioteca municipal (na Casa da Cultura) estará aberta de luns a venres, en horario de 10:30 a 13:30. 
  • Permítense por primeira vez as visitas a residencias de maiores e centros de atención á discapacidade, concertando previamente a visita.
  • Deporte profesional e non profesional: Reinícianse as competicións profesionais, pero sen público. Nas competicións non profesionais permítense os adestramentos. A actividade deportiva non profesional pódese realizar en calquera punto da provincia, permitindo os desprazamentos dentro da mesma para a súa realización.

O Goberno central publicou unha guía da fase 2 que se pode consultar e descargar aquí.

O xornal dixital praza.gal publicou un resumo moi completo dos cambios da fase 2, que se pode ler nesta ligazón.



RELACIONADO