Hoxe publicouse no BOE a orde que regula os desprazamentos da poboación infantil. A partir de mañá domingo 26, os menores de 14 anos poderán saír para dar paseos, acompañados dun adulto, durante unha hora ao día (entre as 9:00 da mañá e as 21:00).
No texto do BOE tamén se recolle a prórroga do estado de alarma ata as 00:00 do domingo 10 de maio. O estado de alarma implica que continúan as actuais medidas de distanciamento social e limitacións nos desprazamentos, coa excepción dos desprazamentos infantís (coas condicións que detallamos máis abaixo).
Esta decisión tomouse polos beneficios asociados para a saúde e o benestar social e familiar, seguindo as recomendacións do Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas.
Detallamos aquí as condicións destes paseos controlados dos menores:
Consulta no BOE a orde que regula os desprazamentos infantís
Consulta no BOE o Real Decreto polo que se prorroga o estado de alarma