Medio Natural

Concelleiro responsable: RICARDO RODICIO GONZÁLEZ

Forma de contacto: 982430001

Enderezo: Av. de Galicia, 50, 27330 A Pobra do Brollón, Lugo

 

PUNTO LIMPO

Horario atención Punto Limpo: Todos os mércores de 10.00 a 14.00

No punto limpo pódense depositar todos os grandes residuos, como mobles, colchóns ou electrodomésticos. Non debe depositarse no punto limpo: uralita, pneumáticos. Recóllese aceites de vehículos somentes a particulares.

Ofrecemos ademais un servizo gratuíto de recollida domiciliaria de residuos voluminosos. Para máis información poden chamar ao teléfono 982 430 001.

PUNTO LIMPO MÓBIL

O punto limpo móbil é unha iniciativa dentro do programa 'Menos residuos, máis vida' para conservar e protexer o medio natural promovendo a eficiencia na xestión dos residuos. É unha iniciativa que conta co apoio financieiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Feder.

O Punto Limpo Móbil consiste nun remolque que circulará polas diferentes parroquias. Dispón de compartimentos separados para facilitar o depósito dos seguintes residuos:

  • Lámpadas e tubos fluorescentes
  • Aceito usado de cociña
  • Aerosois
  • Envases baleiros de pinturas, lacas e vernices
  • Pilas e baterías
  • Medicamentos caducados
  • Tóner e cartuchos de impresora

 

COMPOSTAXE COMUNITARIA

Desde a área de medio natural participamos nun programa piloto para a xestión dos residuos orgánicos biodegradables co fin de obter un recurso valioso, o compost, para a súa aplicación na xardinería municipal ou reparto entre os participantes.

O programa de compostaxe está en marcha na capitalidade municipal dende marzo 2018 con 6 illas composteiras, sendo pioneiro na provincia de Lugo na aposta por novos modelos de xestión de residuos. A compostaxe comunitaria fomenta a participación da cidadanía en iniciativas municipais, coa colaboración altruísta e a conservación do medio natural como filosofía.

Esta iniciativa complementa o programa piloto de compostaxe domiciliaria que se desenvolve en Eixón, Cereixa e A Estación.

 

COMPOSTAXE DOMÉSTICA

Os e as veciñas que participaron no programa de compostaxe doméstica recibiron de xeito gratuíto un composteiro (con cubo para residuos orgánicos, remexedor e termómetro), tras unha formación de como usar correctamente o composteiro.

 

PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE

A elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable é un compromiso adquirido polo Concello da Pobra do Brollón ao asinar o Pacto dos Alcaldes. Ten os seguintes obxectivos:

  • Reducir as emisións de CO2
  • Aumentar a eficiencia enerxética 
  • Aumentar o uso de enerxía procedente de fontes renovables
  • Elaborar un inventario de Emisións de Referencia (IER)
  • Realizar unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático
  • Presentar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) cos seguintes obxectivos: reduir as emisións de gases de efecto invernadoiro e aumentar a resiliencia climática do concello, minimizando os efectos do cambio climático
  • Presentar polo menos cada dous anos un informe de acción: un documento de seguimento do PACES 

Finalmente establecerase unha metodoloxía para a realización do inventario de seguimento de emisións (ISE) que deberá actualizarse cada dous anos, de xeito que se poida comprobar o cumprimento dos obxectivos.

A axuda é do 100% do importe (2.999,95€), procedentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para asistencia técnica na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxia Sustentable (PACES).