Xa chega o gran día da popular Romaría de San Vitoiro, que se celebra os días 27 e 28 de agosto na parroquia de Saa. Para gozar todos desta festa, rogamos seguir as Normas de Boa Convivencia acordadas entre o Concello e a Comisión de Festas, coa colaboración da Garda Civil, o Distrito Forestal Terra de Lemos e Espectáculos Spin. As normas son as seguintes:
- Ser respectuoso co Medio Ambiente:
- Non modificar o curso do río.
- Non se permite facer lume.
- Depositar o lixo nas zonas habilitadas con contedores.
- Rógase respectar as indicacións de aparcamento.
- En caso de calquera incidencia diríxanse ao persoal da Comisión de Festas. Estará debidamente identificado.
- Actuar de forma tranquila e organizada.
- En caso de emerxencia, sigan as instrucións do persoal da Comisión de Festas.
- En caso de evacuación, nunca dirixirse aos vehículos. Obedezan as normas do persoal da Comisión de Festas; eles dirixiránlles a unha zona segura e á espera de medios externos.
- Haberá servizo de ambulancia de 18:00 a 02:00 horas.
Informamos que haberá tamén brigada e motobomba de Distrito Terra de Lemos, e unidade móbil da Garda Civil no lugar.