O Concello da Pobra do Brollón organiza unha saída ao Balneario de Laias en Ourense para o día 17 de outubro. A saída será de diante do cuartel ás 15.30 do mércores 17.
Para participar é necesario inscribirse antes do día 15 deste mes, cos monitores das actividades ou chamando ao concello 982 430 001. É preciso ter un grupo mínimo de 12 persoas. A actividade ten un prezo de 7.50€. Os interesados deben levar gorro e chanclas.